Ajaspino de volta no país do queixo IV
Sábado 1 de maio.
Hoxe eiquí non é festivo, xa tiveron festa dabondo ontes. De feito no seu día do traballo non é festivo. Polo que se ve traballan.
Ontes, día 30, foi o Día da Raiña (Koninginnedag). A verdade é que filipei un pouco coa xente que había e o caos ordeado. Tropecentasl mil persoas, maioritariamente con indumentaria laranxa, ocupándoo todo. Saltándose as suas estrictas normas de convivencia... normas de limpeza, orde e silencio. Ocupando os carrís bici, coche e cruzándose diante dos tranvías... en fins, que parecían españois.
Eu andiven pola mañá pola zona de Apollolaan e pola tardiña preto do Sarphatipark. Básicamente é como un rastro no que participa toda a cidade. Sacan os trastos vellos e a vende-los. Por exemplo nun mesmo posto Mariola mercou unha camiseta por dous euros (a paisana lle dixo que a ela lle valera 100 €) e eu merquei unha carallada para que Fer e Saúl a compartan na ofi. A madonna das tetas grandes por 5 €.
Noutro tenderete merquei unha pulseriña a unhas raparigas duns 8 anos que tamén facían pasteliños e creps... a verdade é que por esta zona o ambente era moi sanote, moi familiar e a choiva non parecía 'aguarlles' moito a festa.
Segundo ías subindo cara o centro o ambente ía cambiando a máis festa-golgorrio pero sen abandoar o rollo do rastro. Por eiquí, xa sen a compaña de Mariola, me puxen fino de birras, mojitos e caipirinhas. Así que a química fixo o seu e a iso das catro xa estaba medio pimplado.
Sobre as seis da tarde quedamos na Casa de Portugal a comer sardiñas (polo que se ve miña irmá vai tódolos anos) e a beber viño verde e birras... ala. Por aló ían aparecendo amigos de Cas e Mariola e eu dándolle ás sardiñas e ás cervexas.
A química volveu a facer acto de presencia no meu organismo e o que antes era medio peido acabpu por transformarse en peido enteiro (cousas das encimas).
Agora imos cara o leste, moi preto de Alemaña, a ver un parque nacional e un peazo museo que hai no medio. Pena que estea a chover. A paisaxe (visto dende a autopista) non é moi diferente a Galicia; as construcción si, pero son casas espalladas coas suas leiras, tranctores e demáis aperos. Iso si, esperábame ver máis vacas, pero polo momento triunfan as ovellas.
Nota: Cas me aclara o rollo. As ovellas están ceibes e as vacas pechadas. Ademáis coméntanme que probablemente o 90% dos queixos sexan de leite de vaca.
O sitio é alucinante. Un pobo protestante e ultra-conservador. Moi, moi , moi coidado; vese que invirten mogollón de tempo en arranxar todo e deixalo perfecto. As casas, todas, son de postal. Neste pobo, en Apeldoorn, foi onde o ano pasado un nacho algo cabreado intentou espetar o seu coche contra o autobús no que ía a raiña Beatrix. Moi guapo o pobo.
Así están as cousas e así as fun contando eu. Agora a durmir que mañá hai que coller o avión de volta. Imos morrer todos.
1 Comments:
E como molan os vinilos!!! Eu busquei o meu no youtube e están ben! Y me viene genial para la menopausia.
By
Chicapotingues, at 8:06 p.m.
Publicar un comentario
<< Home