ajaspino

22.4.11

A música das imaxes, imaxes para un músico

Eiquí estou de novo. Pasaron xa un cantos meses dende a última entrada e, curiosamente, algo relacionada coa entrada de hoxe: con carteis. No meu corcho imaxinario saen algún dos carteis que expondrei o vindeiro mes de maio na Oficina de información do parque de San Francisco. Un fato de carteis para lembrar algún concerto, algunha conversa, alguna anécdota, algunha viaxe, algunha resaca... ao Míster.

Asi que pasen cinco anos foi o artigo de Hernán no libro editado por Amadores, ala polo 97, co gallo do quinto cabodeano da Banda. Un artigo cheo de puñais ben afiados e tamén de auto-censura. Un artigo, que a fin de contas, contiña máis desexos que puñais. Verdades coma puños. É un artigo que remataba con desexos compartidos: desexaba seguir colaborando co meu primo Eli, seguir bebendo e falando con Coté, montar unha ópera con Lalo e dar a volta ao mundo con Eva incluída. Desexaba tamén grabar un disco e iso si que o conseguimos. Conseguíronse moitas cousas, non vos pensedes. Asi que pasen (outros) cinco anos.

Non pasaron cinco, pasaron dez. O dezasete de maio vanse cumprir dez anos do pasamento de
Hernán Naval. E como a verdadeira morte é o olvido, eu non o olvido. Tampouco quero que o olviden o resto dos meus compañeiros. Mirar cara atrás tampouco está mal (sempre que se vaia cara adiante) e o Míster ben o merece. Aunque sexa sinxelamente polo apoio que recibimos del miñá irmá pequena e eu. En fin, render unha homenaxe á figura de Hernán no seu décimo cabodano. Diso vai a exposición.

Non vou decir que
Hernán foi o meu mentor nisto dos garabatos e debuxiños varios; el animábame, sempre. Máis ben serían Suso Peña, Pepe de Mon ou xa máis tarde, Salvatore. Pero traballar con Hernán (nunca traballei para el, sempre con el) era doado. Doado e divertido. El era divertido, intelixente, competente e de calidade. El non quería un cartel, quería algo máis; nunca lle preguntei si o acadara algunha vez. Gostábame traballar preto del. Tal foi, que durante unha boan tempada levárame o ordenador e os meus lapiceiros a unha pequena aula onde tamén se gardaba o piano da Contrabanda. Traballar dentro da Casa do mar axudábame a manter a perspectiva, o humor, a calidade, o amor e a intelixencia que o Míster precisaba. Satisfacerlle, satisfacerlles e satisfacerme.

Son chenchu e estades convidados á exposición que poderá verse entre os días 13 e 22 de maio de 2011 na antiga Oficina de Turismo, no Parque de San Francisco. A música das imaxes, imaxes para un músico conta coa colaboración da
Asociación Amadores da Música.

Así están as miñas cousas e así as vou contando. Saúde e pátria.

Etiquetas: , , ,