ajaspino

3.12.06

Revisar a idea


Témblame a man, estou intentando averiguar que lle ronda pola cachola a Coté Días de Amor e Vodka. Primeiro co lápiz, logo xa máis creativo cos pinceis... xa non tan creativo co ordenador... ainda con riesgo de ver o traballado dunha semana e pico tirado polo chan. Son putadiñas dos "clientes". Non é pra menos, a min me gosta cociñar carteis pra concertos. Xurden ideas, deseños; o apresentado ao final nunca vai ser o millor. O millor é o que cada membro da Coral de Baio ten na sua mente.

Tamén é preciso decir agora, que moitas veces o importante non está no que se di senon en como se di. Por iso, as veces é preferible traballar sobre un tema xa coñecido polo público ao que te dirixes e, máis que buscar algo novo que decir, é preciso innovar na forma de decir, na forma na que as ideas deben crearse pra facerse patentes. Ademáis é un bo antivirus contra a banalidade de formas gratuitas, sen ningún sentido real.

E esta reflexión acabou por acotar a búsqueda dunha idea sinxela, graficamente concisa e pragmática, que non se afastara moito da expresión esencial dunha Coral, a natureza e o colorido da voz. Tiña xa claro que para facer o cartel, dunha coral, sin caer no tópico, deberíamos expresa-lo dun xeito máis dinámico: nada dunha foto dunha coral, nada de poñer a clave de sol... iso o deixo pra algún deseñador de Ribadeo. E, ademáis, o resultado do traballo non precisaría de explicacións abstractas, tódolos compoñentes da Coral sabrán a que se refire a porposta.

No noso gremio sóese decir que dos dez productos máis vendidos poucos están ben deseñados, e nembargantes algúns presentan unhas carencias asombrosas. Pero tamén estamos acostumbrados a escoitar á xente decir maravillas sobre o deseño de logos, imaxes ou productos que colleitan grandes éxitos de mercado, pero estos son consecuencia de fortes inversión publicitarias. Por iso, creo que estou no certo, si os compoñentes da Coral de Baio acaban recoñecéndose neste cartel, o deseño cargarase das súa voces.

Etiquetas: ,