ajaspino

27.4.07

Agarrádevos que xa estou de volta

Xa estou de volta. ¡Gracias e perdón!. Non foi nada persoal, máis ben técnico. Quería actualizar e participar noutros blogs, pero ao señor Google deulle agora por obrigarche a ter unha conta GMAIL pra poder publicar no teu propio blogg... como pille a eses señores de Google.

Ontes ou antontes falando con Txerra sobre o seu blog (Corporate 2.0 tedes o ligazón á dereita) e a importancia destes nas empresas mostreille o meu cabreo pola chorrada esta que fixo Google de obrigar a ter unha conta pra poder publicar con Blogger. Penso que é un paso atrás nisto da sociedade web 2.0. En vez de facilitar máis e máis a colaboratividade penso que se deu un pasesiño cara atrás.

Aunque boeno, teño que decir que IDE do novo blogger millorou mogollón. Introduciron moitas novidades que intentarei aproveitalas pouco a pouco, se é que este traballo me da un respiro.

E nada máis por hoxe, intentarei ser un chisco máis fiel ao blog e intentar, alo menos facer un post ao mes (malo será ho!!)... Sus vais a cagar !!

Así están as cousas entre os uns e ceros de Google e así as vou vendo eu.

Etiquetas: