ajaspino

31.8.09

Ai mamaiña - Pedro Fontaneda detido por disfrazarse no Entroido

Pedro Fontaneda (trombonista da Banda de Ribadeo) foi detido na pasada tarde por estar disfrazado de taza de váter. Despois de facerse o tolo, según fontes policiais, o detido tiña pensado evadirse da xustiza. Moitas persoas foron asexadas sin decatarse do seu disfraz, até que unha das víctimas deuse conta do que alí acontecía. A fiscalía está sopesando presentar cargos por "espabilao".

O ribadense Pedro Fontaneda foi arrestado pola policía local... localizada a pasada tarde. Atopábase na Casa do Mal de Ribadeo, que sirve como local de ensaio á Banda Sinfónica Municipal (da que Pedro Fontaneda é membro na sección de trombóns xunto a J.J. Fujimory), cando foi sorprendido no baño das nenas insólitamente disfrazado de taza de váter. Tal disfraz servíalle pra pasar desapercibido e poder asexar mentres tanto ás usuarias dos lavabos que ían e viñan, sen prestarlle maior atención, espidas perante os seus ollos.

"O tipo facíase o tolo cando o pillamos", declarou ó noso medio un axente da policía local. "Pensou que ía colar que era un mexadeiro, pero de seguido nos decatamos de que non era tal, porque ao tirar da cisterna, en lugar de soar unha cascada de auga, soaba un lastimoso ayayayaya..." tamén declarou "A policía non é tonta" e máis "o meu fillo é un xitano e estame dando o pau con iso de que se adica a tocar os baixos nos concertos" rematou o Xerif.

Perante a autoridade competente... perante a autoridade, Pedro Fontaneda alegou que non se pode deter a ninguén por disfrazarse no entroido, e citou como caso de agravio comparativo o feito de que outro membro da Banda Sinfónica: Marquitos Tumbaquedalle non fose detido polo seu disfraz de fregona. O historial de enfermidade mental do acusado remóntase tempo atrás, cando comezou a dicir iso de "O tabaco mentolado produce cáncer refrescante" máis tarde só tatexaba en francés á vez que se acompañaba cunha bandurria dicindo "¡Arañas, arañas!" dixo a súa muller Sarita Mon-Tiel caballé.

Únicamente unha das víctimas do sátiro rompeu o silencio pra dicir "A ver ho, ¿que es eso del concurso?".

Ainda non se coñece se existirá acusación particular, pero a fiscalía está sopesando presentar cargos por conducta impropia, invasión da intimidade e por "espabilao". As diferentes forzas políticas apresuráronse a califica-lo suceso de "vergoña para o noso pobo", "exemplo para o país" e "nin unha cousa nin outra, se non todo o contrario".

Informa dende Ribadeo: Barbo S.A.

Así facíamos o fato moc+mec nun 10 de marzo do 2000 e así, máis ou menos, o seguimos a facer. Por certo, a imaxe que realmente acompañaba iso era esta clic aquí.

Etiquetas: , , , ,

24.8.09

El árbol de los sentimientos, un susurro envasado

Pasesiño a pasesiño este blog xa vai preto das 9000 visitas. Non son moitas se as comparo coas visitas que ten Fuji ou o blog de Aurora e moito menos se me da por compararme co peazo blog do Físico (preto das 83.000 visitas). Supoño... boeno, millor dito, sei que todo depende do interese que desperte o tema sobre o que un escriba, ilustre, etc... e se a opinión vertida vale a pena tela en conta (aunque non se comparta).

Eu se fose escritor millor sería adicarme a outra profisión. Está claro que este blog non desperta moita curiosidade máis aló dos que me coñecen persoalmente. Se comparase isto cun libro editado por min vendería tantas novelas como amigos teño dividido entre cen... como moito, moito. Morrería de fame e veríame obrigado a adicarme profisionalmente ao escuro mundo do ilirning. Unha faena, oiga.

Pero ainda así sego introducindo, con moi pouca regularidade, algún post ca outro. Non sei moi ben o por que deste blog. Opinión? protesta? compartir coñecementos? terapia?

Quédome coa terapia.

Supoño que este blog evolucionou co tempo ao mesmo tempo que o ía escribindo. As razóns tamén foron cambiando co tempo. Sospeito que o blog pasa a ser un anaco máis da miña personalidade (polo menos da de Ajaspino).

Que lle levará a unha persoa a escribir unha novela? un ensaio? contos ou o que sexa. A publicalo? a exponerse tanto? Sempre é perigoso asomarse, aínda que sexa preciso facelo. Asomarse é sair dun mesmo, ao exterior, con tódolos riscos que conleva. Periga a pracidez, as convincións, o confort do coñecido.

Eva asomouse. E lanzouse sen rede autoeditando un conto para adultos. Trata as emocións e a vida como un susurro. E a min tocoume envasalo. Graciñas.

Para explicalo millor prefiro coller unha definición de Peret sobre un punto de vista conceptual para contextualizar un traballo. E neste caso a portada foi sobre o epígrafe: o susurro.

"O susurro á par de ser un suave e agradable ruido ou un xeito de falar en voz baixa e íntima, é tamén a expresión poética que emana dalgúns obxetos.
No primeiro caso chega con evocar o tópico murmurio dun arroio ou as follas dunhas árbore movéndose pola brisa. No segundo, a complicidade, a tenrura e o sentimento convertido en caricia sonora. En canto á expresión dos obxectos, adoitan ser xeralmente humildes, restos de naufraxios que se manifestan con discreción, esperando tan só a mirada cómplice que saiba ver as calidades secretas que os habitan."


Así están as cousas cando un deseña en baixiño e así as fun envasando eu.

Etiquetas: , ,