ajaspino

28.4.08

Zora Gabbara

Boeno... como están ustedes?!!

Canto tempo non? Un sempre quere escribir, o que pasa é que as veces un non ten moito que escribir, e do pouco que podería escribir é demasiado privado polo momento. Como cada pouco meu irmán clapaucio (que se pasa por eiquí de cando en cando) me pregunta: cando vas actualizar? cando vas actualizar? e hoxe pois me pilla con poucas ganas de poñer a TV e tragarme as chorradas de CSI (si, chorradas que logo che piden os clienes) e ademáis me pilla comezando un pequeno curre extra pra uns colegas. Tódolos meus curres extras son pra colegas, así un non se da forrado.

Falando de pelas. Case nunca chegara até o estado de liquided tan cutre que teño hoxe: 4€ no banco que non din sacado coa tarxeta e 1,40 € no bolsillo. Espero que mañá teña a nómina no banco, que xa me vexo comendo por tercer día consecutivo sopas de allo.

Pero boeno, ao que ía... por unha banda teño ao meu olvidado irmán preguntando polo meu blog e polos meus amores e por outra banda teño a Héctor e a Miguel (Miguelín o xitano de toda a vida) solicitándome que lles faga unha portada pra un proxecto persoal... moi persoal. Estou rodeado de xente que saca proxectos persoais... Javier Prado (co seu disco), Marta Cuba (coa sua exposición) e agora Zora Gabbara (Héctor e Miguelín). E eu, pola contra, sen nengún proxecto en particular e con moitas actividades abertas: Asistir a tódolos concertos que poida de Javier Prado, asistir á exposición de Marta Cuba e facerlle a portada a estes dous amigos.

Pois nada, teño moita fame e o millor que podo facer nestes momentos, e adiantar a galleta do que lles estou a preparar a estes dous amigos que pasaron de gamberretes a verdadeiros profisionais da música ao mesmo tempo que eu pasaba de alcohólico anónimo a recoñecido.

Que soe estes días pola miña casa Songs for Jubal (título do primeiro disco que sacan en solitario estes dous). Por certo, tereilles que preguntar, como ben apontábame agora meu irmán polo messenger, se o título ven dunha peli de Glenn Ford.

Así están as cousas namentres me rompo os miolos cun Simulador e reparto o meu tempo libre, entre disfrutar facendo esta portada e disfrutar dunha rapariga que me ten rizado.

Etiquetas: , ,