ajaspino

29.5.07

O bosque de Nadgor - Farruco Graña

"O bosque de Nadgor" é un canto ás vilas galegas feitas a escala humana que moitos de nós acordamos (ben sexa por vivencia directa, ben a través das fotografías contempladas en exposicións ou nos nosos libros de historia local). Hai que ter a valentía de recoñecer o que pasou, o que fixemos con elas. Non han volver tal como eran. Mais as vilas e cidades son entes vivos, que medran. E podemos intentar modificar o seu deseño segundo vaian desenvolvéndose. Podemos procurar humanizalas. E manter aquilo que conserven. Por iso queremos facer este canto á capacidade de soñar, de imaxinar doutra maneira as cousas, para plasmar ditos ideais en novos proxectos. Ademais, se estragamos tan aloucadamente o noso contorno máis inmediato, que non estaremos dispostos a facer co que non teñamos á beira das nosas casas?

Farruco Graña

Estes últimos días, aparte do chollo de sempre, andiven a competir contra unha portada encarregada por Farruco. Tan só competín contra min mesmo, tratando de ampliar o meu propio talento, do contrario non tería moito sentido. Por todo elo debo agradecer a Farruco (escritor) e a Chema (ilustrador) pola contribución co seu talento (e bo tanlante). Hai outros libros, pero eu colaborei neste envase de cultura.

Así están as cosas neste mundo onde as árbores de ladrillo non deixan ver "O bosque de Nadgor".

Etiquetas: , , ,

7 Comments:

  • Veña, currátelo, Ajas, e aparte de contar que fas isto e mais o outro cóntanos cal foi o proceso que sempre é interesante.

    By Blogger El Rey Artabrico, at 9:05 p.m.  

  • Boeno... vou contestar así un pouco porriba ao 'rei furibundo'.

    Primeiro decir que eu só fixen a portada. Nada máis.

    No seu día Farruco púxose en contacto conmigo e comentoume o seu proxecto. Aconselleille que o millor pra ilustrar o libro era contar cun ilustrador profisional -é eiquí onde entra Chema- pra levar isto a bo porto.

    Na maquetación das tripas me houbese gostado participar máis, pero tal como ando de chollo preferín non facerme responsábel pola falta de tempo. Unha pena, pois realmente me facía moito tilín. Eiquí o que se fai realmente é:
    · Recopilar as decisións básicas da publicación (cantos volúmenes, a encuadernación, a separación de capítulos, etc).
    · Disposición sobre a retícula (pautas básicas, entradas literarias, créditos, etc).
    · Elección das tipografías (neste caso na portada vai unha variante da Garamond pra o título e unha variante da DIN pra os nomes dos 'autores').
    · Decisións sobre o formato (neste caso case sempre ven dado polo presuposto-imprenta) que é un A5 pechado.


    E pouco máis. Logo cada cousa ten o seu, pero non hai que olvidar que é pra ler; así que pra min unha das cousas máis importantes é tomar unha decisión acertada sobre a tipografía (xa sabes o pesadín que me poño coas tipografías). No caso dos libros se require o uso de alfabetos con boa leitura pero tamén con posibilidades gráficas intrínsecas (aspecto sobrio, lexibilidade e versatilidade). Tamén é bo que a tipo se adapte ben á retícula pra a filmación final... e se a isto lle engadimos que na familia exista unha complementaria de palo seco, pois millor ca millor.

    Tamén me houbese gostado facer capitulares máis caligráficos (partindo da tipografía base) para engadir un ponto de interés visual nas entradas literarias.

    E logo por último a portada.
    Eu son dos que menos é máis. De ahí tamén o meu gosto por deseñadores como Flavio Morais, Isidro Ferrer, Fernando Guitiérrez, Peret, etc... que fan un deseño máis intelixente ca visual (con moita forza, si... pero con sentidiño). Non quero decir que eu faga iso. So o intento. Collín o bosque e logo a simplificar, simplificar, simplificar... e decatarse cando se ha chegado ao punto que se andaba a buscar. Algunhas veces non chego e outras me paso simplificando. Fien varias portadas e penso que unha das que competian cecais valdría, aunque tamén penso que estaba simplificada de máis.

    E nada máis meu. Mañá se queres, coméntoche algo máis namentres me pagas o café.

    By Blogger ajaspino, at 9:46 p.m.  

  • Vaia tocho!!!, esto si q e teorisar jeje, pola miña parte estou moi contento co proxecto, e creo q a sobriedade do diseño da portada casa ben ca ilustración elexida para esta, e cas q van dentro, e tamen ca idiosincrasia do libro, asi q non se pode pedir máis...bueno si, q sexa un éxito editorial.

    Saúdos.

    By Blogger CHEMA, at 12:23 a.m.  

  • Moi interesante, teño que dicir que gracias a que merquei fai pouco "Primeiros auxilios en tipografía" (Ed. GG Diseño) souben de qué estabas a falar, sensei.

    ¿E o libro qué tal está?

    By Blogger Barnikel, at 8:39 a.m.  

  • Así me gusta, de xeito conciso, como che tiña pedido, jaja.

    Si e que eres un monstro.

    By Blogger El Rey Artabrico, at 10:23 p.m.  

  • Ala, isto xa vai saindo polo medios... un día destes farei unha entrada con todo o que vaia recopilando.

    http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5882774

    By Blogger ajaspino, at 9:10 p.m.  

  • Outra nova máis nos xornais. Hoxe en La voz de Galicia · A Mariña.

    http://www.lavozdegalicia.es/ed_amarina/noticia.jsp?CAT=120&TEXTO=5917588

    By Blogger ajaspino, at 9:39 a.m.  

Publicar un comentario

<< Home