ajaspino

13.9.10

As monxas prantaron un pino

Ando de vacacións e claro, tiña que actualizar o blog. A verdade é que agora paso máis tempo no FaceBook e no Twitter. Moito máis tempo. É máis cómodo o estilo de micro-blog que poñerte a escribir unha parrafada do meu estilo… e iso que ultimamente estou a debuxar un pouco máis do normal e podería ter actualizado isto con moitas máis entradas, pero é o que hai.


O título? Ah, si… o título. Boeno, as monxas, como todo o mundo sabe, tamén prantan pinos. Pero eiquí vou falar das miñas veciñas. As monxas que viven enclaustradas no convento de Santa Clara de Ribadeo. A min esta congregación sempre me fixo moita gracia; están sempre pechadas pero son as máis cotillas de todo o pobo. As imaxino a iso das 4 da tarde rezando o que teñan que rezar (por ti, por min e por tódolos comapñeiros…) e que unha delas rompa o silencio decindo: eeeeh, que vai empezar Sálvame Deluxe. Brrrr e aló van todas correndo ao sofá.


Pero boeno, ao allo. Este post tamén o podería titular: Mamá vs. Monxas, ou A pinona contraataca, ou Un pino chamado Wanda, … A historia comezou, como diría Gilberto Suárez: fai pouco tempo, como uns dez anos atrás; cando as monxas de Santa Clara prantaron un pino ao carón da nosa casa. Coma tódolos pinos, este creceu, e agora mide o mesmo ca nosa casa (uns 4 andares). Está prantado como a uns tres metros do muro que separa a nosa finca da das monxas e a parte máis frondosa queda xusto diante da nosa terraza e é onde temos a antena da TV. E é eiquí onde xurde o problema da miña nai coas monxas: Na tele agora vense as canles estatais (a 1ª, 2ª, ClanTv e Noticias 24h) e tamén Veo7 e Intereconomía… en fins, que para unha espectadora coa miña nai iso é nada. O que non acabo de entender é como agora coa TDT segue a ocorrer isto. Non debería ser terrestre?


Miña nai anda máis mosca ca dios e dime que o pino en cuestión quítalle mogollón de vista e que non pode ver a tele. Que me paga 100€ se salto o muro e talo o probe do pino. Pero eu estoulle collendo cariño ao pino de marras. Non sei se encadearme a el e todo. Case sempre os temas de conversa na comida eran as miñas resacas ou o pouco que ligo, pero agora non falamos doutra cousa que do santo pino. Pero por fin miña nai moveuse e atopou un par de artigos que danlle a razón e vailles obrigar as monxas a talar a árbore. E penso eu: non sería millor podalo un pouco para ter nós millor vista e que as monxiñas sigan a ier a súa intimidade e cambiar a antena de sitio?


Así están as cousas e as as fun escribindo namentres prantaba un pino dende o cuarto de baño.