ajaspino

23.9.07

Meis, o incribel home búlgaro.

Meis (1980? - )

Famoso descoñecido búlgaro, que debe gran parte da sua fama a unhas cervexas que convidou, as cales eran pra celebrar a sua despedida de Fynet.

Meis o búlgaro nasceu en A Coruña (Pontevedra) á sua idade de nascer, fillo dun tal Steve Jobs e de Mónica Mac Donalds, esta estivo toda a sua vida casada cun tal Harrison Ford Fiesta (dos Fiesta de toda a vida).

Dedicou os seus primeiros anos da sua vida a asuntos infantis e xuvenis, sen nengún desempeño espectacular (como o resto da sua vida, oiga). Non obstante e a unha temprana idade, xa demostrou unha marcada tendencia ao onanismo compulsivo, o cal non lle pasou desapercibido para os seus educadores (o que contribuiu sen dúbida algunha a súa constante prática de tan nobre arte nas horas de clase) o que lle fixo merecedor de memorables mencións a súa santa familia.

Máis ou menos a idade dos 18/19 anos e tras seguir un tratamente de electro shock (baixo anestesia local do cóbado), na afamada clínica do doutor Krápulez Mosteiro, trasládase a Vegadeo (Galiza) onde permanece por espazo de dez minutos, para despois retornar á Bilbo (Escaralacacatuá) e tomar un novo tren cara a Vallecas (Segovia) que é onde quería ter ido dende un principio (pero trabucouse de tren). Nesta cidade (ou noutra) comeza a sua brillante etapa profisional, exercendo de deseñador das páxinas amarelas até o ano 1995. Aló coñece a Mónica Bellucci (que non é a do ligazón pero da sua moza non atopei nada), que máis adiante sería xogadora profisional de Pin e Pon. Este acontecemento supuso pra Meis (de agora en adiante Meis) un importante impulso, xa que a adicción de Mónica pola cleptomanía, obrigoulle a buscar novas fontes de ingreso (máis que nada para poder pagar as abultadas fianzas que permitian a Mónica abandoar a prisión algúns fins de semana).

Tras varios intentos infructuosos no mundo dos Ultramarino-learning Bussines, decide depilarse as pernas até media ingle, tras o cal entra nunha biblioteca pública onde é explusado ás dez da noite porque era hora de pechar. Estes primeiros fracasos (e os seguintes) non fan mella na poca moral de Meis, que continuou a súa afanosa búsqueda do mecheiro que perdeu un primo seu que levaba nun bolsillo cun furado.

nota do autor: este último párrafo é totalmente inútil na biografía de Meis, pero se me antollaba escribilo.

Xa a mediados do 1996 logra establecerse fundando a sáu primeira franquicia de venta de uns e ceros pra unha non moi importante empresa Vallecana. O indudabel éxito da iniciativa mantense durante toda a festa de inauguración, pero ao día seguinte e sen dúbida polo efecto do Crack do 29, comeza a decadencia do imperio económico polo que tanto tiña loitado.

Desilusionado e abatido por tan inesperado fracaso decide divorciarse de Mónica, polo que se ve obrigado previamente a contraer matrimonio.

Unha vez liberado das suas ataduras familiares (aunque ainda comparte unha cadela con Mónica), Meis decide probrar novamente fortuna, pero esta vez no extranxeiro. Trasládase a La Coruña (Pontevedra), onde tras circuncidarse o embigo, convírtese en adepto de Flax Gordon e funda xunto a Maikel Nait a congregación dos Factorianos Descalzos con Botas, e séntase a esperar adeptos capitalistas, os cales (sen dúbida e tamén polo efecto da crise) non chegaron nun tempo prudencial de catro anos, polo que Meis pon a venda o inmobiliario da congregación (dezaseis bigudíes para facer tirabuzóns), e trasládase a Oleiros (Perillo) onde chega exhausto (debido tal vez a que o viaxe o realiza a pata por Alfonso Molina cunha parada na Tasca).

Atopa traballo como executivo nunha importante multinacional dedicado á fabricación de prótesis dentais pra móbiles, fabricadas en madeira de eucalipto de pino galego, empresa na que exerce como responsabel de programación en ActionScript para Flax 4. Varios meses despois, e cando xa tiña recibido varias felicitacións pola súa brillante xestión, sucede algo casual que ten unha grave trascendencia: Na noite do 31 de agosto do 2007, Carlos Dereito, Director de Comunicación Vía Satélite da Flax Corporation (nome da empresa onde traballaba Meis), atópase no seu domicilio e como consecuencia da calor desa noite invernal (¿?), non pode conciliar o sono, polo que decide ergerse da cama para ver si botan algo no canle gratuito de R, cando descobre horrorizado que aún non se inventou as dentaduras pra móbiles, no que ao día seguinte pon en coñecemento de Joserra Abadía (ao cal non lle gostan nin as mentirras nin os engañossss) mediante un anónimo, o que fai perdelo posto de traballo a Meis, xa que Joserra Abadía odiaba a Meis inxustamente pola beleza dos seus calcetíns.

O futuro de Meis permanece incerto...

Etiquetas:

Crispi

Revisa-las vacacións da nosa vida é un saudábel exercicio que desvélanos aspectos da evolución da nosa pandilla que tal vez outras investigacións tan sesudas non o desvelarían con tanta rapidez...
Será pura morriña (a de alguén que ten marcado na retina a imaxen dos simpáticos visitantes aparecendo en calquera ponto do camiño namentres atravesábamos os veráns dos noventa) pero é envexabel que alguén poida esperar un ano enteiro para reencontrarse.
Cristina pertence a esa xente na que a simpatía é un sentimento inspirado na ternura (non estou falando de blandenguería) e non nesa beleza mediática que non come, non bebe, nin fuma, nin sabe diós que será capaz de "non facer".
¡Que estrano é o futuro con ela cando se ten un pasado!


Así contaba as cousas alá polo 2000 (na miña antiga páxina Justo Maricón) e manda truco, que parece que as sego a ver así.

Etiquetas: ,