ajaspino

29.4.10

Ajaspino de volta no país do queixo III

Xoves 29 de abril.

Estou encerrado no piso. Non podo sair. Mariola ou Cas pechou o piso e deixáronme unhas chaves raras de carallo e non dou amañado. Remato o pitillo e a ver se dou saido que hoxe fai unha mañá caralluda.

Por fin din saido, o meu me custou... ai, ai, aia, estes holandeses e as suas chaves raras.

Agora estou almorzando nun garito que teño ido con Cas varias veces. De feito, fai como un par de anos, roubáronlle a carteira eiquí. Joer como se puso. Pois nada, pedín un non sei que e non sei que máis. A ver que me traen. Hoxe estou aberto a todo. Agora a non facer nada e esperar a que chame Mariola pra ir á Amstel. Por certo, alguén pode avisar a Valiño; chegoume un sms de ING dicindo que estou en -18 €.

Mañá sospeito que andarei por esta zona e pasarei de meterme no meollo do centro. Esta zona é como moi familiar e tranquiliña. Pena de non ter cámara. Si me da o ponto (e me ingresan os cartos) igoal até merco unha cámara chula.

Nota: o nacho da Amstel métenos un paseo pola fábrica de coidado. Aquelo e longo de carallo. Primeiro ida e logo volta.

Son preto das seis da tarde. Fai un anaco volvimos da fábrica da Amstel e da Heineken (son a mesma fábrica). Só me convidaron a unha cañita, que cutres. E tiñan cervexa pra estar invitándome toda a vida... creo.

Acompañou a miña irmá o responsable en comunicación da fábrica. Todo en holandés, eu me enterei de pouco moi preto de nada, pero ainda así gustoume a peazo visita. É a fábrica (de cervexa) máis grande de toda Europa e tamén a máis grande das que ten Heineken. Dous tercios está adicada a producción da marca Heineken e o tercio restante á Amtel. Traballadores poucos vimos. Todo informatizado e robotizado a máis non poder.

Unha das máquinas que nos mostrou o nacho embotellaba unhas 160.000 birras por hora (tiñas varias). Eu acabo de facer unhas contas así polo alto... e contando que vou chegar aos 70 e bebendo dende que nacín, sáeme menos de 60.000.

E só me convidaron a unha. Increible.

Tamén explicáronnos os porcesos de fabricación, etc etc e bla bla bla (en holandés). Así, a bote pronto, as cousas que me solprenderon foi o comentado antes; a diferencia de fermentación que teñen entre as dúas marcas (a Heineken está fermentando en reposo 7 días e a Amstel 11... moita diferencia, non?). E logo a maquina que empaquetaba deceas de caixas e logo as metía nos camións.

Así están as cousas e así as fun apuntando eu. En galego.

Etiquetas: , ,

28.4.10

Ajaspino de volta no país do queixo II

Mércores 28 de abril.

Alvedro é sitio distinto. Sospeito que a xente que visita este blog xa coñece o aeroporto de A Coruña; o rollo é que só levo uns 10 minutos (o que me leva tomar o café) e xa me cambiaron a miña porta de embarque 3 veces. Xa ocuparon as tres que hai. Home, molestar non molesta. Só hai tres e ben xuntiñas que están.

Logo a outra coña deste micromachine é que sempre me atopo con xente coñecida. Hoxe en Celebritis: O fillo do enterrador de Ribadeooooo.... ai va, vaia chorrazo.

As azafatas, esas grandes descoñecedidas... para min. Vou describilas que estas son de agárrate; as pobres creo que teñen unha mala fama de medio fulanas dos pilotos... pero eu que lle vou facer. Aló van as catro:
A primeira: Señorita Rottenmeier, a mala de Heidi, vamos. Ten unha cara de monxa que non pode con ela. Ten pinta de ser a Miguel Martínez deste páxaro de ferro.
A segunda: Voulle chamar Srta. Equs. Ten cara de cebra. Entre os peazo piños que ten, o delgadiña e o que leva 'pintado' nos ollos como se fose a guerra, pois non sei... que me da mal rollo. Se nos pegamos un ostión, esta merecería morrer.
A terceira: esta, está claro que é a putona do pasaxe. Vai toda erguidiña ela e toda empitonada. Foi a que me servíu a cervexa cunha prepotencia que pra que. É mona, pero seguro que ten un rollo co piloto. Co piloto ou co nacho que descarga as maletas. Seguro.
A cuarta: Pola súa pinta de persoa normal voulle chamar María. A secas. Móvese de xeito natural. Se teños o ostión, esta, merecería vivir. A outra non.

Ala, xa estou nunha terraciña esperando a que me traian a comida... o que? pois non o sei. Polo que pon na carta eu pedín un "steaksandwinch plat geslagen ossen haas van de grill met tartaarsaus" e unha birra. Recoñecín o sandwich o grill e a salsa tártara. Malo será.

Malo foi... a carne está case cruda.

Fai un día tremendo. Sobre uns 20 grados. Caspar díxome que hoxe e mañá faría bo tempo e que empeoraría o venres, día da Raiña. Dame igoal, namentres poida comer "subanestruxen baixenempuxen" todo vai ben. Fai sol, así que todo diós está de terracitas cos seus cafetitos. As holandesas? coma sempre. Fermosas e grandes coma calabazas e con esa pel ran perfecta.

O plan desta mañá é o seguinte: perderme, atoparme e ir buscar a miña irmá Mariola e todo isto subido na bici de Cas.

Son preto das seis. O vento estase a levantar e estou perdido. Non pasa nada. Decidín facer unha paradiña técnica. Hoxe estiven ¡, pola tarde, en Nemo. Na terraza primeiro e logo no museo. No museo quedei con Roos. Unha paisana que curra como 'asesora de química' neste museo das ciencias. A historia é que supostamente sabías español, pero vai ser que tanto español como eu inglés- Así que imaxinade o percal, unha holandesa intantándome explicar o museo das ciencias en inglés... a min, en inglés? Pois ainda que pareza mentira (que si, Luis, que si) funme enterando de rollos. Unha pena isto de que non falen en galego.

Por hoxe estivo ben... como contacto. Cas acaba de chegar do entrenamento así que en breve cearemos. Agora estou na mini terraciña que ten Mariola no piso. Pitillín e vaso de viño. Coma dios.

Etiquetas: , ,

27.4.10

Ajaspino de volta no país do queixo I

Eiquí comeza o que será a miña próxima viaxe. Mañá marcho a onde sempre, a Amsterdam. Sospeito que esta vez as miñas andainas non farán moita gracia e non terei tantos seguidores como noutras. O da gracia é que desta volta gran parte do meu tempo xa mo ten organizado miña irmá Mariola e claro, ela non deixa as cousas ao chou como as deixo eu. De feito tenme preparado nestes cinco días visitas e viaxes. Aunque nos vos preocupedes, eu irei coa libretiña e apuntarei todo aquelo que se sae do normal.

Polo momento, e pra seguir coa costume dos post dos viaxes pondrei a continuación o que levo feito para a viaxe.

Son as nove e media. Acabo de chegar fai pouco da Tasca (bar que hai ao carón do chollo) e mañá me sae o avión as nove e media (polo menos non me teño que pegar o madrugón). Miñá irmá tenme preparado certas cousas para tódolos días que vou estar aló: que si visita a tal sitio, viaxe a tal outro, día da raiña, etc. Pois xa está, isto é o que levo feito. Nada máis.

O kit de supervivencia neste momento, e coma sempre, está así:
Levo unha maleta prestada pola miña irmá Gel. Sego sen saber onde carallo están as miñas maletas.
O macuto pra o portátil tamén é cortesia da miña irmá Gel. Pareceume entender que mo regalaba, se llo entendín mal creo que ten un serio problema de comunicación conmigo.
Non levo guía xa que a perdín na última viaxe, tamén de Gel.
Miña irmá Gel preferiu non deixarme a cámara de fotos nesta viaxe. Dixo algo así que igoal lla perdía. Eu? perder algo eu?
Iso si, levo un peazo iPod que non saca fotos, pero si videos.
Levo o meu último portátil. Meu, todo el. Espero non perdelo.
Desta volta non levo condóns da sorte. Vou ir en plan casto e puro.
Teño que mercarlle condóns ou mariconadas similares a Fer e a Saúl.
Creo que non vou levar xerseis... olvideime metelos nese rollo con auga que da voltas.
Agora mesmo teño tendidos como uns 20 calzoncillos co deshumificador a tope. Se a cousa pinta mal, xa me vexo co secador até as tantas da mañá.
Camisetas, pantalóns e calcetíns están na mesma situción cos calzoncillos. Agás un calcetín, que non sei onde está. Supoño que no rollo ese que da voltas.
Esta vez xa levo impreso os billetes... e non unha copia, se non vinte. Estaba a imprimir unhas cousas para o equipo dos Learning Fruit e logo mandei os billetes a imprimir. Cousas que pasan.
Ainda non cobrei, así que non levo cartos. Xa me vexo baixar do avión e decirlle ao meu cuñado Caspar: Olaaaaaa, que tal? deixasme 100 euros?
Ontes decateime que chegaba o luns por unha conversa con Mariola. Creo que o meu xefe ainda non o sabe.
Levarei cargadores a cascoporro, coma sempre.
Estiven a particar inglés estes dous últimos días con Luis e Yrma, aunque pola cara de Luis parece que non millorou moito... aunque Yrma se reía, así que os chistes os contaba ben.
Volvo a viaxar só, así que coma sempre perdereime unha e outra vez e acabrei en sitios estranos con xente estrana que me mira estrano e me piden que faga cousas 'xa non tan estranas'.
Ah, por primeira vez lle levo rollos a miña irmá: chourizos, pimentos e non me lembro de que máis.
Vou sen tabaco, claro... como non teño cartos para merca-lo eiquí me chantarán aló as de dios.

E penso que nada máis... que as cousas están máis ou menos así, e iso que só vou pra 5 días. Como vedes hai cousas que non cambian. Por certo, polo momento estou sen título pra esta viaxe. Non se me ocorre nada. Pensei en 'Kaas cop' que creo que ven sendo 'Cabeza queixo' que é como os alemáns chaman aos Holandeses, pero claro, eu non son alemán. Se algún das cinco persoas que visita isto se lle ocorre un título, que mo poña nun post e se non é moi ofensivo (cara a min ou cara os holandeses) o utilizarei nesta viaxe, que agora que me lembro: tampouco levo Pilot 0.8... merda, olvideime mercalo.

Así están as cousas e así as irei contando, polo momento vou tomarme unha cerveciña para supermineralizarme e supervitaminarme. Mañá comeza a festa.

Etiquetas: , ,

7.4.10

As rodillas nas orellas

Ai ai ai... como somos os homes, como somos... iso me pregunto eu: como somo os homes? será certo tanto topicazo? canto porcentaxe hai en realidade do que se supón de nós?

Sempre nos portamos tan mal e temos tan pouca memoria. Somos uns golfos e uns borrachos. Tirámonos peidos sen ningún tipo de pudor. Somos uns desagradecidos e nunca damos o brazo a torcer. Non somos limpos e venderíamos a calquera nai (menos a nosa, of course) por catro perras. Somos desorganizados e faltos de sentimentos. Non sabemos facer duas cousas á vez agás ver futbol e beber cervexa. Somos egoistas e non temos detalles coas nosas parellas. O romanticismo non vai con nós... e moito menos coas vosas nais. O noso e chegar e encher. Odiamos acompañarvos as compras pero logo somos uns compradores compulsivos de cacharradas. Como lle escoitei a un unha vez: o primeiro? con moito cariño. Pero logo? as rodillas nas orellas.

Pois non o teño claro. Vou ler o párrafo anterior a ver que puxen.

Pois non che sei.

Así están as cousas e así as escribín nun mail de Fw: Besos y abrazos