ajaspino

22.8.06

Concerto en Ribadeo da Coral de Coté da "Rusa"

Antes de nada decir que ontes á noite tiña unha entrada ben longa, pero de proto... fiuuu, volou. ¿Cousas do Blogger? ¿cousas de R? ¿cousas miñas? A saber. De tódolos xeitos vou intentar lembrarme da maior parte do que tiña escrito.

Estes días, Coté Días de Amor e Bodka envioume unha nota pra avisarme dunha actuación da Coral Xan Mella de Baio no Festival de Habaneiras que se vai celebrar en Ribadeo o vindeiro sábado 26 de agosto no
Auditorio Municipal Hernán Naval (xa tiña ganas de escreber isto) xunto coas corais Coral Polifónica do Sporting Club Casino de A Coruña (está sen nome) e a organizadora Coral Polifónica de Ribadeo. E todo isto a iso as 9 da noite.

Pois ben, a Coral Xan Mella está dirixida pola fermosísima bielorrusa Tatiana Pankrátova que tamén é a súa fundadora e muller do ribadense Coté da "Rusa" (profesor de jazz, de viños e non sei que). No 2005 gravaron un cedé no programa Outra+Outra nos estudos da
Fundación Mans-Paideia subencionado pola Deputación da Coruña. Creo que o técnico de son foi Nani García. Polo que pon no seu blog e me ten contado Coté o disco foi moi ben acollido tanto en críticas como en ventas... todo o contrario lle pasou ao da Contrabanda. Se alguén precisa máis info, aparte do seu blog (tedes unha entrada directa na sección da dereita), eiquí deixo o seu mail coralxanmella@hotmail.com

Sospeito que este concerto debe significar moito pra estes dous amigos e intentarei non faltar a cita. Xa non só por eles, se non tamén pola coral de
Ribadeo que está ateigada de familiares, eu non son dos Mon, pero case. Por alí verei berrar a miña mamá, miña tía, outra tía, un tío, unha curma que as veces toca o violín coa coral, a muller do meu curmán e o meu curmán Eli Gracía, que tamén é o presi desta agrupación.

Pois nada máis, así están as cousas neste blog que se me atragantou e así as vexo eu, cun cagonsandiós ou sen el.

Etiquetas: , ,

9.8.06

Ferrolterra PantínClassic 2006

Non é que teña moito tempo pra incluir esta entrada, pero polo momento deixo esta 'perla' que me acaba de pasar un compi do chollo, Daniel Ameneiros, artífice de toda a imaxe gráfica do evento.
O cartel que acompaña esta entrada é o cartel anunciador do Campionato do Mundo de Surf e o Campionato de Europa Feminino Ferrolterra PantínClassic 2006 que está a celebrar o seu segundo ano de maioría de idade, xa vai pola 19ª entrega sen corte algún.
Eiquí queda isto. Non é que sexa un apaixoado do surf nin das olas pero si o son, e eiquí teño deixado mostra da miña paixón polos actos desinteresados, de certas persoas á hora de facer cousas sen remuneración algunha. E a xente que organiza este campionato é bo exemplo diso. Polo pouco que sei é que a organización non gana un can e traballa arreo, así que ben merece a pena uns poucos minutos e outros poucos bites pra esta entrada.
Ferrolterra, que teñades boas olas.

Así están as cousas nas praias namentres un novo 'prestige' quema os montes e así as conto eu.

Etiquetas: ,