ajaspino

29.6.07

Ai Mamaiña - Un piano ataca a un concertista

O Famoso pianista Iago Lios Tharratstrosky tivo que ser atendido de feridas de carácter menos grave ao ser agredido polo seu piano mentras estaba a prepara-lo concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música de Ribadeo. O accidente prodúxose cando un dos seus acompañantes, Barbo S.A., pisou "distraídamente" a cola do piano, o cal, e sen mediar nota algunha, propinou diversos mordiscos nas mans e brazos do prestixioso concertista obrigándolle a sair por pernas da mencionada Escola Municipal de Música de Ribadeo.

Así estaban as cousas e así as contabamos moc+mec nun veintiseis de xuño do 1999.

Etiquetas: , , ,

22.6.07

Babel, Babel, torre de Babel

Como digo de cando en cando: A caguei, pero manteño a cagada. Polo que me conta Antonio o físico e polo que vexo na páxina web Tan galego como o galego din que non teñen relación coa aparición e distribución deste cómic. Pois nada, iso din.

Hoxe pola mañá recibín un mail de Javier Prado baixo o título: "Un cómic un tanto turbio". Hmmmm pensei para os meus adentros; que será, será? algo sensual, algo sexual? algo porno? algo zoofílico? canto de turbio terá?

Pois turbio si que era, non o que eu esperaba, pero turbio si ho!. Aunque coas animaladas que aló vin debuxadas porderíase confundir con algo zoofílico. Polo que se ve este cómic que ten un trasfondo bastante chungo e o andan a repartir nin máis nin menos que algúns APAS aos nenos ás saídas do colexio. Como comentaba Padro no seu mail trátase dun lobby "antigalego" feito por galegos.

Logo pasáronme o ligazón do cómic orixinal (made in USA, of course) e cuns tintes bastantes homofóbicos...


Boeno, aparte do cheiro "nazi" que desprende o cómic (vergoña pasei ao ler aquilo), un si se esforza bastante e se mete o seu propio orgullo por onde lle entre pode entender o que pretendían "transmitir" esta xente
, aunque penso que ese non é o xeito. Para nada, esa iniciativa paréceme unha mexadura fora do tiesto en toda regla.

Como non comparto pra nada o que nese desafortuno cómic se expón me puxen a escoitar no chollo unha e outra vez un tema moi 'vivace' de Os resentidos sobor da lingua, o tema títulase O son da lingua e a súa primeira estrofa penso que di algo así:

Eu non falo o que ti falas que non falo por falar

Pero mira xa que falo, en que lingua vou falar?
lingua viva lingua morta, bota a lingua pra falar
se notas que fai ruido, o meu son entenderás.

Así están as cousas neste pais e así as vou contanto eu... aunque claro, logo como carallo van crer en nós.

Etiquetas: ,

3.6.07

Tenemos que creer en nosotros

Hoxe saíu no xornal La Opinión · A Coruña un artigo sobre Fynet na sección de Economía. Ontes xa o fixera NetGO na Voz de Galicia como colaborador na celebración da festa que organiza Voz Natura.

Pois ben, por unha banda está o de NetGO cun dos seus proxectos de Bluetooth, que pra min é un dos proxectos máis interesantes nos que até o momento puiden colaborar. Certo é que neste proxecto en particular non é que teña contribuido moito profisionalmente, pero penso que moralmente sempre digo que é un proxecto con moito futuro. Só falta que as administracións, concellos, museos, empresas privadas... crean neste produto e nas suas capacidades como o creo eu.

E pola outra banda a nova en La Opinión sobre Fynet e o e-learning, que non é teleformación como se empeñan en chamarlle na Galipedia. Teleformación é unha cousa e o e-learning outra.
Pois ben, vou ao meollo, neste artigo que nos pon verdadeiramente polas nubes sae a frase do ano (en castelán, of course): "Tenemos que creer en nosostros".
Pois si... será iso, que como non empecemos a crer en nós a ver quen o vai facer. Sinceiramente cando leo esa frase venme a cachola mogollón de viñetas do gradísimo Castelao, e en particular unha que di máis ou menos: "Os galegos non protestan, emigran".

Pra rematar deixo unha perla que me pasaron no curre de Steve Jobs e aproveito pra deixar o ligazón deste video do fundador de Apple Computer: "Non ten sentido contratar a persoas intelixentes e despois decirlles o que teñen que facer. Nós contratamos a persoas intelixentes pra que nos digan que temos que facer".

Así están as cousas e así as vou contanto eu.

Etiquetas: ,

1.6.07

Ai Mamaiña - Mario Olorosa lobotomizado por un erro

Mario Olorosa Ruidrobo de 18 anos de idade e non artificial de Ribadeo sufríu o pasado fin de semana unha lobotomía por un erro do Dr. P.N.Lo. Os familiares e membros da súa secta satánica (Beetle Judge) decidiron non reclamar ante a Consellería de Saúde e Pesca, por que "non apreciamos en Marito diferencia algunha no seu comportamento respeito ao anterior" según o portavoz da secta.

Nun dos seus paseos nocturno, o veciño de Ribadeo Pepe Luis de la Costa, atopou a Mario Olorosa Ruidrobo, de 18 anos e da mesma localidade, en estado catatónico no medio da rúa. Alarmado e perigoso, avisou ós servizos tanatorios, que fixeron un traslado inmediato de catro horas ao Hospedicio Comarcal do Bonito Burela.

"Xa sabía eu que isto ía ter precedentes... Coño, isto non é igoal é parecido" comentaba Pepe Luis de la Costa sen que ninguén dos alí presentes se enterasen do que quería decir.

Xa no Hospedicio de Burela, o doutor Harrison Ford Fiesta especialista na psiquiatría femenina molecular vexetal, tras facerlle varias preguntas como as que nós escollimos como do máis revelador sobre a gran atrofidade que sofría o "cerebro" de Mario Olorosa.

¿Cal é o teu hobby preferido? Exercer de Papa na miña casa.
Un señor enfermo de 185 anos pídeche que o deixes sentar na cadeira do autobús que ti ocupas ¿que fas? Dígolle que non, que así parece máis xoven e sano.
¿Que farías se de súpeto aparéceche Cristo SuperStar coas Supremes? Pídolles lume, por decires algo.
¿Soñas desperto? Si, pero ronco moi alto e desconcéntrome.
¿Que farías se en lugar do autobús de turno chega unha regata de Cambridge no seu lugar? Collería un taxi e escoitaría pola radio quen gaña a regata.
Tes que recomendar un libro, ¿por cal te decantas? Polo "Libro de Familia" porque tódolos protagonistas son coñecidos [...]

Ó non apresentar reacción a nengún tipo de estímulo, o doutor Xavier P.N.Lo decidiu someter ao enfermo a unha lobotomía.
Na sala da desesperación, secta e familiares comentaban: "Pero se non estaba enfermo nin nada... é que el é así [...]"
A familia non ten previstas accións legais contra o Hospedicio, xa que non aprecian diferencia algunha respeito ao comportamento anterior.
A única frase que os nosos reporteiros conseguiron arrincarlle ó protagonista deste suceso foi: "Es que se me fué la peonza".

Informa dende Ribadeo: Migui o xitano

Así estaban as cousas e así as contabamos moc+mec nun cinco de febreiro do 2000.

Etiquetas: , ,