O pouco que sei
O pouco que sei da vida está en libros que nunca lin, nas liñas que nunca escribín. O pouco que sei da vida contoumo miña nai preparándome os cola-caos e limpándome o cú e olvideino tomando copas cos amigos.
Sei que, con sorte, vou morrer unha vez. Así que procurarei non morrer máis veces polo camiño. Non hai nada pior que ir morrendo antes de morrer.
Quero ter máis proxectos que recordos, é o único xeito de seguir vivo. Quero adicarme a algo do que non queira xubilarme xamáis por moito que me miren mal. Prefiro adicarme a algo que me divirta a pesar de non chegar a fin de mes, que traballar únicamente por cartos ou por presión.
Quero amar moito e bo, incluso correndo o risco de ser correspondido. Que me esnaquicen por dentro e me vexa obrigado a recoserme co fio de calquera ilusión. Quero desexar e ser desexado. Quero recuperar o primeiro amor, que é o propio, con agarimos alleos.
Quero lanzar ao fondo do mar o arrepentimento, a culpa e a preocupación. Quero desprenderme delas pra apreciar o que teño.
Quero contar cos amigos gañados antes de cumprir os trinta, porque a partir de ahí case todo é mentira.
Quero guindar o medo. Quedarme coa sua cara, porque me está a joder unha e outra vez. Medo ao fracaso, medo ao que dirán. Medo a perder o que teño, medo a conseguilo. Medo a saber pouco da vida, medo a ter razón.
Vai por ti mamá. Saúde e pátria.