Medio Gramo... que chungo, non?
Levo xa unha tempada traballando sobre unha portada pra un par de chavales de Ribadeo que se adentraron no mundo do RAP. Os rapaces son Jotacé e El Pose, alo menos os nomes artíscosos son eses. A Jotacé eu o chamo Jorge el trombón, e así o seguirei chamando o resto da miña vida. Ao outro chaval, El Pose, a verdade é que o coñezo ben pouco. Deben andar os dous pola mesma idade, por uns 16-18 anos... E fíxome moita gracia que se puxeran en contacto conmigo (a través de Jorge el trombón) pra que lles fixese unha portada. Ao principio andaba detrás deles pra que me pasasen os textos, os títulos e os agradecementos... pero nada, non hai tu tía, os tios o levan cunha tranquilidade asombrosa. Algún textos xa os sacamos, pero ainda lles queda por poñerlle os títulos a un par de temas (si, ainda).Fai un par de meses me pasaron unhas probas duns tres temas, e sinceiramente, pensaba que ían soar moito pior... moitísimo pior. Está ben, soan ben. Sobre todo tendo en conta certas cousas: onde están, que apoios teñen, as poucas referencias, a idade... en fins, da gosto que chavales así pidan certa 'axuda' pra poder levar a cabo un sono. Nós tíñamos a Hernán Míster Naval e o apoio da direitiva de Amadores pra sacar as nosas toluras cara aidante. Aí é como os xoves poden sacar ideas cara adiante.
Só lle vexo un problema, e non só eu... se non xente coa que o teño comentado, e é o nome: MedioGramo... alucinante, falando así de coña con eles (os rapeiros) intenteilles facer ver que non era un nome moi adecuado (lembren: onde están, que apoios teñen, as poucas referencias, a idade) pra un par de rapaces en Ribadeo. O nome vai traer cola... sobre todo pra os seus pais. Pero que carallo, o grupo é deles, que lle poñan o nome que queiran... xa me estou anticipando pensando como a meirande parte de ribabebo... joer, estareime a facer maior.
De tódolos xeitos, e pra rematar, eu o cambiaría como mínimo por MedioPollo... polo menos habería xente que non se decataría das alusión a drogaína
Así están as cousas no escuro mundo do RAP e así as vou contando e 'debuxando' eu.



