ajaspino

28.5.06

Medio Gramo... que chungo, non?

Levo xa unha tempada traballando sobre unha portada pra un par de chavales de Ribadeo que se adentraron no mundo do RAP. Os rapaces son Jotacé e El Pose, alo menos os nomes artíscosos son eses. A Jotacé eu o chamo Jorge el trombón, e así o seguirei chamando o resto da miña vida. Ao outro chaval, El Pose, a verdade é que o coñezo ben pouco. Deben andar os dous pola mesma idade, por uns 16-18 anos... E fíxome moita gracia que se puxeran en contacto conmigo (a través de Jorge el trombón) pra que lles fixese unha portada. Ao principio andaba detrás deles pra que me pasasen os textos, os títulos e os agradecementos... pero nada, non hai tu tía, os tios o levan cunha tranquilidade asombrosa. Algún textos xa os sacamos, pero ainda lles queda por poñerlle os títulos a un par de temas (si, ainda).
Fai un par de meses me pasaron unhas probas duns tres temas, e sinceiramente, pensaba que ían soar moito pior... moitísimo pior. Está ben, soan ben. Sobre todo tendo en conta certas cousas: onde están, que apoios teñen, as poucas referencias, a idade... en fins, da gosto que chavales así pidan certa 'axuda' pra poder levar a cabo un sono. Nós tíñamos a Hernán Míster Naval e o apoio da direitiva de Amadores pra sacar as nosas toluras cara aidante. Aí é como os xoves poden sacar ideas cara adiante.
Só lle vexo un problema, e non só eu... se non xente coa que o teño comentado, e é o nome: MedioGramo... alucinante, falando así de coña con eles (os rapeiros) intenteilles facer ver que non era un nome moi adecuado (lembren: onde están, que apoios teñen, as poucas referencias, a idade) pra un par de rapaces en Ribadeo. O nome vai traer cola... sobre todo pra os seus pais. Pero que carallo, o grupo é deles, que lle poñan o nome que queiran... xa me estou anticipando pensando como a meirande parte de ribabebo... joer, estareime a facer maior.
De tódolos xeitos, e pra rematar, eu o cambiaría como mínimo por MedioPollo... polo menos habería xente que non se decataría das alusión a drogaína

Así están as cousas no escuro mundo do RAP e así as vou contando e 'debuxando' eu.

Etiquetas: , ,

21.5.06

Que carallo fago agora?

Son case as 8.00, acabo de chegar e co primeiro que me atopo ao abrir a porta é o cubo cheo de roupa pra tender... isto só pode significar duas cousas:

1º cris estame a mandar unha indirecta pra que tenda a roupa.

2º estou nunha casa que non é a miña... ao que me leva a unha pregunta ¿por que as miñas chaves abren a porta desta casa?

Boeno... como acabo de chegar e tende-la roupa, me dixen... vai ver quen anda metido polo mesenller... e deume por pinchar nunha fror que tiña un dos agregados... e picoume a curiosidade e nada, eiquí estou, facendo a dependencia ainda máis forte; se cabe.

De cando en cando entrarei e escribirei algo. hoxe decir que foi un día malo no chollo... non se me ocorreu nada, e iso jode, pois para iso me pagan.

E nada máis por hoxe... así están as ousas e así as contei

Entrada realizada no meu antigo Blog o 26 de agosto do 2005

Etiquetas:

Non sempre vai ser así

Isto empeza a ser un vicio. Ontes escribín e hoxe tamén.

Isto lémbrame cando creei a miña primeira conta de correo en mixmail (en realidade a creara o 'pollo', pero boeno). tódolos días ía ao ciber pra ver se alguén me escribía... fato de min ¿quen carallo ía ter a miña conta...? boeno... si, augusto o negrote; pero joer... el estaba ao meu carón no ciber xogando a sabe dios que.

Ao final cheguei a unha conclusión estúpida, pero que naqueles tempos parecía a única explicación creibel da falta de mensaxes no meu buzón: Mixmail non funcionaba ben !!

Así que o que fixen foi crearme outra onta... entón, tódalas noites, despois de sair do madison ía cara o cutre-ciber a enviarme eu mesmo mails dunha conta a outra. claro está, non me extendía moito nas mensaxes era algó así:
- eiquí ajaxpino... eiquí ajaxpino... está por ahí ajaspino?


Cerraba a sesión, a bría a de ajaspino e ohh!! solpresa !!, ahí estaba o meu mail.., un milagre. Vou contestar:- eiquí ajaspino, recíboche !!

Anos máis trade comecei a currar nisto da rede e decateime de que o erro non o tiña mixmail. O rollo é que eu era gilipollas.

Entrada realizada no meu Blog o 27 de Agosto do 2005

Etiquetas:

Chaves, ciber e Prozac

Manda truco, pensei que me tiña librado do ciber que hai debaixo da miña casa, pero non... as forzas do mal únense contra min e fan que me olvide as chaves na casa... e claro, cris non chega até dentro dunha hora... alo menos, espero que non se atope con ninguén e que non lle dea un lusn por toma-los viños... o dubido pola resaca de ontes, pero con esta nunca se sabe.

polo demáis, hoxe no chollo non estivo a cousa mal do todo. algo vai saindo... mal e arrastro, pero vai saindo. estamos todos pensando nas vacacións. os que xa as disfrutaron están a darlle voltas a cachola: - por que merda collín ese avión de volta... co ben que estaba eu na terraza de aquel garito.

os que ainda non as disfrutamos estamos co rollo: - Xa queda menos... je je je... xa queda menos, e eu non penso volver... jo jo jo (entónase con risa maquiavélica).


e pouco máis... as vitaminas xa as rematei e un día destes cortarei o pelo... a ver se así me atopo millor, ou se non volverei co prozac.

Así están as cousas neste puto ciber ao que lle faltan a metade das teclas, e así as conto eu.

Entrada realizada no meu antigo Blog o 29 de agosto

Etiquetas: ,

Todo segue igoal... máis ou menos

Por fin venres... !!
Si, claro... iso éo que pensa todo o mundo. Pero mañá me toca currar... ouuuuutra vez. Non pasa, a verdade é que o de currar polas mañás dos sábados... así de cando en cando, non me ben mal. Así polo menos me ergo da cama. Cousa que non faría até as 3 da tarde se non tivese que ir ao chollo.

Hoxe, na comida case me da algo con Txerra. Este tio me mata... aparte de que está como unha cabra é a reostia!! Como case sempre nestas comidas (sen presenza do sexo oposto) acaba saindo o recurrente tema das tias... e non sei como foi o rollo pero soltou:
TXERRA:
Joder, cuando curré no McDinals tenía una compañera ingeniera...
TODOS:
¿ ? ¿ ? (Silenzo)
TXERRA:
Digoooo... nigeriana...
TODOS:
Jo jo jo jo jo

Tremendo... coma sempre tremendo. Ao máis puro estilo de 'Le Luthiers'
E nada máis. O chollo parece que acaba de ir fraguando a idea que tiña pola cachola... a ver a ver como acaba a cousa. Espero non ter que meterme outra tacada de horas.

Así están as cousas, ou polo menos, así as vexo eu.

Esta entrada foi realizada no meu antigo Blog o 2 de setembro do 2005

Etiquetas:

Chove coma sempre, pero falamos diferente

Parece que chove pero non chove...
máis vale ser que parecer...
máis vale ser que parecer...
adrede o sin querer...


Máis ou menos ía así un tema dos resentidos.


E non... non parece que chove. Chove de carallo, chove dende arriba e dende as putas rodas dos coches que pasan a altura dos xemelos... choven ostias e reostias no chollo (enténdanse ostias como + traballo). Namentres traballo falo. Namentres falo, aprendo palabras novas... e logo pasa o que pasa. Que por moi jodida que sexa esta, a nosa Xeración X, seguimos a ter familia; e non, non me refiro aos SIMS, refírome ao meu papá e a miña mamá... de todala vida. Chega o sábado, como no nadal, e volta a casa.

Imaxinade o salón: Miña nai, meu pai limpando o peixe na cociña, miña avoa no sillón tapadiña até as cellas (da igoal que faga un Sol de carallo tamén dos resentidos), miñairmá pequena que viste como Micolor, meu irmán maior (o pollo) co meu afillado, namentres miña moza máis eu nos despedimos.

Pollo:
Nin, vasme rippear a peli de Sin City.
Eu:
Si, a ver se me baixo uns novos codecs e de paso a ver se atopo un plug-in pra comprimila e cargala na PDA.

Pollo:
Boeno, xa falaremos polo messenger... ¿instalaches xa a web-cam de eye-toy?
Eu:

Ainda non... non tiven tempo, a ver se me mandas o pdf a miña conta de Hotmail.
Pollo:

¿Pero che envio os drivers, non si?
Irmá pequena:

Ah, de paso a ver se me buscas no Kazaa ou no Emule a banda sonora da peli de Kill Bill.
Eu:

Gracias a diós que os programas son freeware.

Miña nai, miña avoa e meu pai mírannos como si fósemos mutantes dos X-men.
Meu pai xírase pouco a pouco; como se estivese a esperar que as antenas de radiofrecuencia brotasen das nosas cacholas. Agarra un pinto pola cola (que non faneca brava) e sentencia: "Se traballárades non íades ter tantas moderneces"


PD.: Xa sei Kun-fú
Así poderían estar as cousas... e así as contaría eu.

Esta entrada foi realizada o 6 de setembro do 2005

Etiquetas: ,

A ambrosía fynetiana

A ambrosía (go grego ἀμβροσία) é unhas veces a comida e outras a bebida dos deuses. A palbra foi xeralmente derivada do grego ἀ- (a-, «non») e μβροτος (mbrotos, «mortal»), or tanto comida ou bebida dos inmortais.
Ben, isto é o que pon a wikipedia sobre a ambrosía...


Pois en Fynet, o que se dice comer ambrosía, vai ser que non. En Fynet utilizamos outro adxetivo (que non vou decir eiquí si despectivo ou non... Si) que é 'A Tasca'. A Tasca é un "restaurante" que temos ao carón da ofi, é un sitio moi agradabel rexentado por un matrimonio e a sua filla. Moi boa xente. Aunque eu lle vexo un pequeno problema: Non saben cociñar.
Non digo que cociñan pior ou millor. Non, pra nada. Digo e afirmo que non saben cociñar. Unha pena, pois a meirande parte das veces teño que intentar 'alimentarme' alí. As tres cousas que pode dicirse que fan ben son:
1. Os cafés (con pastelito incluído)

2. A cervexa galicia (que non hai moito que facer)
3. ... hmmmm
Perdón, hai duas cousas que fan ben. A terceira vouna poñer aparte, que son os bocadillos.
Os bocadillos, ese gran descoñecido. Facer os fan ben, pero creo que teñen equivocado o concepto do tamaño. Cando pides un bocadillo grande non te traen un bocata grande... que va, traenche un do tamaño de willi ( a orca, non o colega da abella maya) e cando os pides medianos traenche un bocata que nin diola !!
E claro, isto provoca de cando en cando pequenas evasións dalgúns empleados de fynet a terras coruñesas na procura de ambrosía... que o merecemos, carallo !!
Hoxe foi un día deses no que o estómago a iso das 4 estache a dar as grazas por non levalo á Tasca (a verdade é que o nome xa di moito). Achegámonos á coruña na bala azul de 'Me parto as cachas' (o digo así pra manter a Luis no económato... diiigo anonimato). Cando marchamos a comer fóra a verdade é que curramos moito millor, aló menos eu; e quédache unha sensación de ter probado a ambrosía... que por certo, rima coa 'Masía' que foi onde fumos comer...


brrrr... que grima me da a rima... sen telo desexado saiume un pareado.

Así está o meu estómago e así o me sae polo esófago.
Por certo, hoxe ceo 'lentejas si no las quieres las dejas'.

Entrada realizada no antigo Blog o 7 de nobembro do 2005

Etiquetas: ,

Remordimentos vacacionais


Nestas semanas ando pouco católico no chollo e moito menos na casa. Isto da hernia non me deixa durmir como a un lle gostaría e claro, non descanso e todo vai máis lento do desexado.

Pola casa ando a facer o cartel da Banda (aquí como en viena), pra a Coral de Tatiana (un cartel feito a base de plastilina) e a portada dun cedé pra un grupo de rap que se fan chamar Medio Gramo.


O cartel da coral pasou polas tesouras personificado en Coté, que supoño que o probe non o debeu pasar ben cando me tivo que decir que lle quitara as tetas a boqueca de plastilina, unha pena, gañaba en alegría e tiña ese pequeno guiño de coña.


E pouco mái, que esta semana ando de vacacións e me jode un pouco pola cantidade de curro que teño atrasado... aunque, que carallo !! hai que aproveitar.


Ala, así están as cousas e así as vou contando eu.

Esta entrada foi realizada no me antigo Blog o 5 de decembro do 2005

Etiquetas: ,

Aquí non se está como en Viena


Si ho, quen me dera que isto fora Viena e non A Coruña... eiquí o que fai é un frío de carallo... supoño que como en Viena. O meu piso é frío como a neveira dun esquimal. Pero pra non ter frío e entrar en calor non che hai como facer un cartel pra a banda. E desta volta tocou facer o cartel de 'Aquí como en Viena' aunque esta vez vaise facer en xaneiro en vez de en decembro... e nun mércores. Unha data bastante rara, e unha pena que non coincida cun fin de semana pra poder ir a escoitar a miña querida Banda. Aunque din por ahí as malas lenguas que anda de capa caída. Supoño que será unha etapa como outras tanto que ten pasado. ¿E quen non ten pasado unha mala racha?.

E nada máis por hoxe, que como dixen fai un cuto que escarabella o pelellu e as dedas se me quedan conxeladas. Deixo unha mostra do cartel pra os curiosos. Aunque curiosamente isto non o visita nin diós e nin cristo bendito.

Por certo, felices festas para quen teña ganas delas.


Así están as cousas no iglú e así as vexo eu.

Esta entrada foi realizada no antigo Blog o 26 de decembro do 2005

Etiquetas: , ,

Día das Letras Galegas

Este 17 de maio celébrase en Ribadeo tres cousas bastante importante. Primeiro o quinto cabodeano de Hernán Mister Naval. En segundo lugar día das Letras Galegas, que neste ano cae dedicado a Manuel Lugrís Freire. E por último o cumpreanos de mi mamá.

Está claro que dende fai cinco anos esta data é moi importante pra min e de seguro que pra moitos compañeiros de atril. Rumoreábase que nestas datas (de feito ía ser hoxe 15 de maio) no pleno de Ribadeo ía ter na sesión a proposta de poñerlle o nome de Herán Naval ao auditorio de RIbadeo. Ao final esa proposta que se supón vai ser negada polo PP vai ser levada ao pleno noutra ocasión. ¿Por que? A saber, estarase a mover a maquinaria política.


De tódolos xeitos non son poucas voves as que se escoitan solicitando que non sexa o auditorio municipal o que leve o seu nome, se non o que el ideou, traballu e creou e non é outra cousa que a Escola Minicipal de Música e Danza. A Escola de Música e Danza Hernán Naval.


Como eu me lio moitas veces, o millor e que poña tal cual o que o meu amigo Antonio o físico pon no seu blog:
"Onte entereime de que a pesares de ser anunciado o nome do auditorio para Hernán, para poñerlle unha placa o día 17, quinto cabodano da súa morte, o tema non está incluído na orde do día do próximo pleno. Non sei se irá polo de urxencia, o que sería, coido, un contrasentido, pero sigo a manter que a dedicatoria que se lle debe facer non é o auditorio, senón aquela pola que foron recollidas e entregadas no seu momento (ó alcalde anterior) máis de 2000 sinaturas: a da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo "Hernán Naval". É un agasallo, e nese sentido, mellor algo que nada, pero antonte na radio José Mª Rodríguez apostillou ó que eu dixera algo no que estou de acordo: o auditorio pódeselle adicar a Carlos Cid moi xustamente, e a Hernán coido que lle corresponde moito mellor a escola. Máis tarde, outra xente díxome que aínda había outros músicos en Ribadeo a recoñecer, e pareceume ben: os recoñecementos non deben estar cerrados. Pero agora estamos con este. E, repito, coido que lle corresponde a Hernán o nome da escola."


Escrito polo Físico no seu blog
http://ribadeando.blogspot.com/ en maio do 2006.

Pois iso, queda dito. Se por min fose, eu lle daba o nome da Escola, o nome da miña rúa e o nome do meu fillo.

Así están as cousas no meu puto pobo (que dan pena) e así as conto eu dende a diáspora coruñesa. E todo isto sen beber unha estrela no que levo de día... ups, vai ser que non, levo duas.


Esta entrada foi realizada o 15 de maio do 2006 no meu antigo Blog

Etiquetas: , , , ,